Este comentario,está adicado a tódalas persoas que recordan a area dó bote tal e como estaba nás fotos dó Blog amigo QUE PASA EN CAMELLE.
A verdade é que non sei como pudemos sobrevivir.Fomos a xeneración dá espera;pasamos a nosa infancia e xuventude "esperando".Tíñamos que esperar duas horas despois de comer,para que non nos dera un corte de digestión a hora de tomar o baño.Os domingos,pasábamos as mañáns en ayunas hasta a hora dá comunión.Os dolores curábanse esperando.As rapazas era moi raro que que deixaran facer algo o primeiro día,tiñas que esperar.Mirando atrás,é dificil creer que esteamos vivos.Nós viaxábamos en coches sin cinturón de seguridade e sin airbag,facíamos longas viaxes con cinco persoas ou mais,nun 600 e non sufríamos ó jet-lag ou síndrome dá clase turista,e si eras menor,de silliña para tí,nada de nada,nó braso de calquera que fora nó coche.
Non tivemos portas ,armarios ou frascos de medisinas a proba de nenos.Andábamos en bisicleta sin casco,fasíamos auto stop,mais tarde,íbamos en moto sin papeles.Os columpios eran de metal e con esquinas en pico,cando viñeron,por que antes si te querias columpiar,tíñaste que estrujar os sesos pa construir ún con cordas e unha tabla e coljalo naljún jallo gordo dun pino.Xogábamos a ver quen era o mais osado ou o mais besta,según se mire.Pasabamos horas construindo carros,e bautizábamolos có nombre de POPÓ,despois según faciamos outros modelos,levaba un número correlativo,popó 1,popó 2,creo que chegamos hasta o popó25.Probábamolos po-las costas abaixo,e soio daquela descubríamos que non lle puséramos "frenos",coa súa hostia correspondiente.
Xogábamos a churra e ninguén sufrio hernias nin dislocacións,e si as sufrías ibas a casa de Tía Pipirita a casa de María de Norinda para que cha arreglara.
Saíamos dá casa po-la mañán,xogábamos todo o día,comíamos,volviamos a xogar e soio volvíamos,cando oíamos os berros de nosas nais,por que sí señores,¡antes non había "móviles!.
Rompíamonosos os osos e os dentes,e non había ningunha ley,prá castigar ós culpables,e non pasaba nada,bueno,pasaba,que como chegaras a casa nese estado,túa nai,o mais puro estilo de Guantánamo,intentaba sonsacarche,a base de tundas,qué e quén fora o que che fixera eso,sin darse conta de que ela estaba facendo o mismo.Abríamonos a cabesa xogando as guerras e non pasaba nada,eran cousas de nenos,que se curaban con curocromo ou,si fasia falta,¡PUNTOS!,Dios,oir esto xa que metía un acojone que nin Dios.Tuvemos peleas,e pegábamonos uns os outros,e aprendemos a superalo sin rencores.Comíamos dulces,bocadillos de chorisón,bebíamos refrescos,de vrán,chupábamos jolosinas,ou helados feitos con viño e revoltosa,e non éramos obesos.Si acaso,algún, era gordo e punto.
Contajiabamonos os piollos ná escola,e nosas nais o arreglaban con ZZ e peine basto,e si ésto non furrulaba,pelábanche a "rapacacho".
Salíamos a rúa,e alí de seguido facíamos "peña"para xogar o fútbol,o tanjo,os tres navíos o ovo,pico,araña...en fin,todo tecnoloxía punta.
Íbamos en bici ou andando hasta a casa dós amijos e chamábamos a porta.Imaxinádevos,sin pedir permiso os pais,nós solos,alá fora no mundo cruel.
Fixemos xogos con paus,perdemos mil pelotas de fútbol.Ou cortábanolas cunha navalla cando lle iba pa leira ou po tellado.
Bebíamos agua directamente dá villa,sin embotellar,algún incluso chupaba a villa.
Íbamos matar lajartas e paxaros coa "escopeta de balíns"antes de ser maiores de edade e sin adultos ¡¡DIOS MIO!!.
Nos xogos dá escola,non todos participaban nos xogos de equipo,e os que quedaban fora tiveron que aprender a vivir coa decepcción.
Algúns estudiantes non eran tan intelixentes como outros,e repetían curso...¡Que horror,non se inventaban exámenes extra!
Eso sí,veraneabamos durante tres meses seguidos,pasábamos horas ná praia sin crema de protección solar,sin clase de vela,pero remábamos como cabróns,por certo para coller unha jamela xa era toda unha aventura,Non tuvemos clases de arquitectura,pero fasíamos cabañas de tódolos estilos e formas.Pescábamos con arpón.Ligábamos as rapazas perseguíndoas para tocarlle o cú,e non por CHAT.Tuvemos libertade,fracaso,éxito e responsabilidade,e aprendemos a mediar con todo elo.Non che extrañe que estas novas xeneracións saian así.
Si tí eres dos de antes...¡NORABOA! SOMOS SUPERVIVINTES POR NATURALEZA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario