viernes, 17 de julio de 2009

COMO NACE UN POBO

Algunha vez,preguntástevos como nace un pobo,pois é moi facil.Chega un tio a un sitio deserto,poñe un bar e o redor comenzan a construir casas.¡Po-lo menos en España!.A proba é que en España hai pobos sin escola,sin axuntamento,sin farmasia,sin cuartelillo da "juardia sivil"...pero sin bar...¡Nin de coña!.
Claro que,po-lo menos,alí e donde che dan mais libertade...
¿E sabedes cal é o motivo?.Que nos bares podemos facer moitas cousas que non se poden facer ná casa.
Por exemplo.Nun bar podes tirar o chán as cabesas das jambas...
Tíralas ná casa e xa verás a que se lía...No bar tiras as cabesas dás jambas e tápanas con serrín.¿Que che cae unha servesa?¡Tápana con serrín!.¿Que se cae un borracho?.¡Tápano con serrín!.Outra cousa non,pero serrín,nun bar hai mais serrín que na tumba de Pinocho.
Sin embarjo,hai outras cousas que fas mellor ná casa que nó bar:¡MEXAR!.Para entrar no baño dó bar tes que facelo con botas de joma.Claro que de vez en cando pasa o dono e vótalle o chán un pouco de serrín.Pero e que a tasa tamén está juarra,cos frenasos da merda sin limpar por que casi ninjén tira dá cadena...E estou seguro que si nun bar tiras dá cadena cae serrín.
O bar sirve tamén para quedar cós "colegas".Por que a miña casa é tan pequena,que solo cabemos tres(e sin o teléfono móvil).E, claro,¿Onde vas a quedar si nón?¿Na ferretería?.Non, ahí solo se vai a meter ferretes.¿Na farmasia?.¿E que vas a pedir?.Ita, póñeme tres chupitos de Bisolvón e dous Leixatíns.¿Ou ná ijlesia?...E eso...que...pensandoo ben...unha ijlesia e o mais paresido a un bar...Hai un tipo detrás dunha barra,viño,música,xente...e de ves en cando,tamén hai hostias, e os dominjos,a hora dó aperitivo,os dous están petados de xente.
Eso sí,nos bares hai mellor rolliño.Por que,mentras ná ijlesia pasa un tío cun trueiro para que lle soltes cartos,no bar discutes por pajar.
¿Donde mais pasa eso?.¿Ná comunidade de vesiños?.¡Imaxinádevos que discutíramos por invitar ná comunidade de vesiños!
-Chissst,A parabólica pájoa eu.
-Pero si tí xa pajastes a caldeira .
-¡Que mais dá!...Si non vamos a salir de pobres.
E outra cousa:Túa casa,¿Como se chama?
Pois como muito chamarase 2º c.¡E anda que non hai nó mundo"sejundos ces".En cambio os bares teñen nombres fascinantes:O Bar-bitúrico,O Bar-bara Rei,A Tasca-breado.
Eu debo cartos en todos,pero donde mais debo é nó Bar-clays Bank.Eso sí,nun bar o mais importante é o camareiro.Os camareiros pódense dividir en dous tipos:O ÁGIL...e o AGIL...ipollado.
O ÁGIL,sejún entras po-la porta,límpache a mesa,arrimache o senisero,póñeche unha caña e diche:
-Van dous sero,perde o Madrí,Baixou o Euríbor,e o político menos valorado é Pepiño Blanco...¿Queres unhas cacajuetiñas?.
O ÁGIL...ipollado reconócese por que parece que está salindo dá anestesia;nin che oie,nin che ve.Tí faslle señas,como si estuveras aparcando un avión,pero o tío pasa po-lo teu lado sin mirarche siquera,ijualito que un médico dá Sejuridá Sosial.Que moitas veses entras po-la mañán e cando por fín che fai caso...A ver.¿Que vai a ser?
-¿Que vai a ser?.¡Dentro de pouco,noite,cacho cabrón!.
Pero donde o bar alcansa a jloria e cando hai partido.O bar é o TEMPLO dó FÚTBOL.Antes había un cartel que poñía"Temos Berberechos cojonudos","Hai nécoras coma palas".
Ahora non,ahora poñen:Hoxe DEPOR-REAL MADRÍD...E en todo o día non se fala doutra cousa...Nada mais entrar,pides unha caña e o camareiro diche:
-"Raúl ten osteopatía de pubis"
-Eses poden ter o que queiran,co que cobran.
I esta é a mais jrande diferensia entre o bar e a túa casa:Nunca se discute po-lo mando.No bar non hai zappings.Si hai patinaxe artístico,vese o partido,Si hai LUAR,vese o partido,e si hai unha película porno nó CANAL PLÚS..¡Jrávase o partido!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario