lunes, 27 de julio de 2009

SUPERVIVINTES

Este comentario,está adicado a tódalas persoas que recordan a area dó bote tal e como estaba nás fotos dó Blog amigo QUE PASA EN CAMELLE.
A verdade é que non sei como pudemos sobrevivir.Fomos a xeneración dá espera;pasamos a nosa infancia e xuventude "esperando".Tíñamos que esperar duas horas despois de comer,para que non nos dera un corte de digestión a hora de tomar o baño.Os domingos,pasábamos as mañáns en ayunas hasta a hora dá comunión.Os dolores curábanse esperando.As rapazas era moi raro que que deixaran facer algo o primeiro día,tiñas que esperar.Mirando atrás,é dificil creer que esteamos vivos.Nós viaxábamos en coches sin cinturón de seguridade e sin airbag,facíamos longas viaxes con cinco persoas ou mais,nun 600 e non sufríamos ó jet-lag ou síndrome dá clase turista,e si eras menor,de silliña para tí,nada de nada,nó braso de calquera que fora nó coche.
Non tivemos portas ,armarios ou frascos de medisinas a proba de nenos.Andábamos en bisicleta sin casco,fasíamos auto stop,mais tarde,íbamos en moto sin papeles.Os columpios eran de metal e con esquinas en pico,cando viñeron,por que antes si te querias columpiar,tíñaste que estrujar os sesos pa construir ún con cordas e unha tabla e coljalo naljún jallo gordo dun pino.Xogábamos a ver quen era o mais osado ou o mais besta,según se mire.Pasabamos horas construindo carros,e bautizábamolos có nombre de POPÓ,despois según faciamos outros modelos,levaba un número correlativo,popó 1,popó 2,creo que chegamos hasta o popó25.Probábamolos po-las costas abaixo,e soio daquela descubríamos que non lle puséramos "frenos",coa súa hostia correspondiente.
Xogábamos a churra e ninguén sufrio hernias nin dislocacións,e si as sufrías ibas a casa de Tía Pipirita a casa de María de Norinda para que cha arreglara.
Saíamos dá casa po-la mañán,xogábamos todo o día,comíamos,volviamos a xogar e soio volvíamos,cando oíamos os berros de nosas nais,por que sí señores,¡antes non había "móviles!.
Rompíamonosos os osos e o
s dentes,e non había ningunha ley,prá castigar ós culpables,e non pasaba nada,bueno,pasaba,que como chegaras a casa nese estado,túa nai,o mais puro estilo de Guantánamo,intentaba sonsacarche,a base de tundas,qué e quén fora o que che fixera eso,sin darse conta de que ela estaba facendo o mismo.Abríamonos a cabesa xogando as guerras e non pasaba nada,eran cousas de nenos,que se curaban con curocromo ou,si fasia falta,¡PUNTOS!,Dios,oir esto xa que metía un acojone que nin Dios.Tuvemos peleas,e pegábamonos uns os outros,e aprendemos a superalo sin rencores.Comíamos dulces,bocadillos de chorisón,bebíamos refrescos,de vrán,chupábamos jolosinas,ou helados feitos con viño e revoltosa,e non éramos obesos.Si acaso,algún, era gordo e punto.
Contajiabamonos os piollos ná escola,e nosas nais o arreglaban con ZZ e peine basto,e si ésto non furrulaba,pelábanche a "rapacacho".
Salíamos a rúa,e alí de seguido facíamos "peña"para xogar o fútbol,o tanjo,os tres navíos o ovo,pico,araña...en fin,todo tecnoloxía punta.
Íbamos en bici ou andando hasta a casa dós amijos e chamábamos a porta.Imaxinádevos,sin pedir permiso os pais,nós solos,alá fora no mundo cruel.
Fixemos xogos con paus,perdemos mil pelotas de fútbol.Ou cortábanolas cunha navalla cando lle iba pa leira ou po tellado.
Bebíamos agua directamente dá villa,sin embotellar,algún incluso chupaba a villa.
Íbamos matar lajartas e paxaros coa "escopeta de balíns"antes de ser maiores de edade e sin adultos ¡¡DIOS MIO!!.
Nos xogos dá escola,non todos participaban nos xogos de equipo,e os que quedaban fora tiveron que aprender a vivir coa decepcción.
Algúns estudiantes non eran tan intelixentes como outros,e repetían curso...¡Que horror,non se inventaban exámenes extra!
Eso sí,veraneabamos durante tres meses seguidos,pasábamos horas ná praia sin crema de protección solar,sin clase de vela,pero remábamos como cabróns,por certo para coller unha jamela xa era toda unha aventura,Non tuvemos clases de arquitectura,pero fasíamos cabañas de tódolos estilos e formas.Pescábamos con arpón.Ligábamos as rapazas perseguíndoas para tocarlle o cú,e non por CHAT.Tuvemos libertade,fracaso,éxito e responsabilidade,e aprendemos a mediar con todo elo.Non che extrañe que estas novas xeneracións saian así.
Si tí eres dos de antes...¡NORABOA! SOMOS SUPERVIVINTES POR NATURALEZA.

viernes, 17 de julio de 2009

COMO NACE UN POBO

Algunha vez,preguntástevos como nace un pobo,pois é moi facil.Chega un tio a un sitio deserto,poñe un bar e o redor comenzan a construir casas.¡Po-lo menos en España!.A proba é que en España hai pobos sin escola,sin axuntamento,sin farmasia,sin cuartelillo da "juardia sivil"...pero sin bar...¡Nin de coña!.
Claro que,po-lo menos,alí e donde che dan mais libertade...
¿E sabedes cal é o motivo?.Que nos bares podemos facer moitas cousas que non se poden facer ná casa.
Por exemplo.Nun bar podes tirar o chán as cabesas das jambas...
Tíralas ná casa e xa verás a que se lía...No bar tiras as cabesas dás jambas e tápanas con serrín.¿Que che cae unha servesa?¡Tápana con serrín!.¿Que se cae un borracho?.¡Tápano con serrín!.Outra cousa non,pero serrín,nun bar hai mais serrín que na tumba de Pinocho.
Sin embarjo,hai outras cousas que fas mellor ná casa que nó bar:¡MEXAR!.Para entrar no baño dó bar tes que facelo con botas de joma.Claro que de vez en cando pasa o dono e vótalle o chán un pouco de serrín.Pero e que a tasa tamén está juarra,cos frenasos da merda sin limpar por que casi ninjén tira dá cadena...E estou seguro que si nun bar tiras dá cadena cae serrín.
O bar sirve tamén para quedar cós "colegas".Por que a miña casa é tan pequena,que solo cabemos tres(e sin o teléfono móvil).E, claro,¿Onde vas a quedar si nón?¿Na ferretería?.Non, ahí solo se vai a meter ferretes.¿Na farmasia?.¿E que vas a pedir?.Ita, póñeme tres chupitos de Bisolvón e dous Leixatíns.¿Ou ná ijlesia?...E eso...que...pensandoo ben...unha ijlesia e o mais paresido a un bar...Hai un tipo detrás dunha barra,viño,música,xente...e de ves en cando,tamén hai hostias, e os dominjos,a hora dó aperitivo,os dous están petados de xente.
Eso sí,nos bares hai mellor rolliño.Por que,mentras ná ijlesia pasa un tío cun trueiro para que lle soltes cartos,no bar discutes por pajar.
¿Donde mais pasa eso?.¿Ná comunidade de vesiños?.¡Imaxinádevos que discutíramos por invitar ná comunidade de vesiños!
-Chissst,A parabólica pájoa eu.
-Pero si tí xa pajastes a caldeira .
-¡Que mais dá!...Si non vamos a salir de pobres.
E outra cousa:Túa casa,¿Como se chama?
Pois como muito chamarase 2º c.¡E anda que non hai nó mundo"sejundos ces".En cambio os bares teñen nombres fascinantes:O Bar-bitúrico,O Bar-bara Rei,A Tasca-breado.
Eu debo cartos en todos,pero donde mais debo é nó Bar-clays Bank.Eso sí,nun bar o mais importante é o camareiro.Os camareiros pódense dividir en dous tipos:O ÁGIL...e o AGIL...ipollado.
O ÁGIL,sejún entras po-la porta,límpache a mesa,arrimache o senisero,póñeche unha caña e diche:
-Van dous sero,perde o Madrí,Baixou o Euríbor,e o político menos valorado é Pepiño Blanco...¿Queres unhas cacajuetiñas?.
O ÁGIL...ipollado reconócese por que parece que está salindo dá anestesia;nin che oie,nin che ve.Tí faslle señas,como si estuveras aparcando un avión,pero o tío pasa po-lo teu lado sin mirarche siquera,ijualito que un médico dá Sejuridá Sosial.Que moitas veses entras po-la mañán e cando por fín che fai caso...A ver.¿Que vai a ser?
-¿Que vai a ser?.¡Dentro de pouco,noite,cacho cabrón!.
Pero donde o bar alcansa a jloria e cando hai partido.O bar é o TEMPLO dó FÚTBOL.Antes había un cartel que poñía"Temos Berberechos cojonudos","Hai nécoras coma palas".
Ahora non,ahora poñen:Hoxe DEPOR-REAL MADRÍD...E en todo o día non se fala doutra cousa...Nada mais entrar,pides unha caña e o camareiro diche:
-"Raúl ten osteopatía de pubis"
-Eses poden ter o que queiran,co que cobran.
I esta é a mais jrande diferensia entre o bar e a túa casa:Nunca se discute po-lo mando.No bar non hai zappings.Si hai patinaxe artístico,vese o partido,Si hai LUAR,vese o partido,e si hai unha película porno nó CANAL PLÚS..¡Jrávase o partido!.

jueves, 16 de julio de 2009

Vembidos a este novo blog,que non ten outro obxetivo mais que o de divertir a xente que o lea,e o mesmo tempo recibir as opinións dos usuarios que nalgúns casos,pode ser que se sintan ofendidos po-lo que aquí se poda contar´pero que non ten outro obxetivo que o de mosquear,perdón,...o de entreter da forma mais agradable posible os lectores.Así que olvidade a mala leite e a divertirse,JODER.